Os hostaleiros de Barreiros envían unha mensaje de ánimo: "Volveremos vernos"

A hostalería está vivindo unha Semana Santa moi diferente da agardada ata que a pandemia do coronavirus obrigou a cerrar portas. Nesas datas festivas tan distintas ás esperadas como unha temporada alta, e case un mes despois de comezar a recibir cancelacións, hostaleiros de Barreiros quixeron trasladar a clientes, veciños e amigos unha mensaxe de ánimo a través dun vídeo nas redes sociais. "Volveremos vernos", din.

"Coma vós, agardamos nas nosas casas a que todo isto pase, pero non podemos deixar de pensar no futuro e de lembrarnos de vós", din nunha publicación de Facebook os hostaleiros, "dos primeiros que tivemos que pechar as casas"

Comentarios