Medusas, esponxas e peixes do sur

Os últimos avistamentos de especies novas en augas da Mariña alertan dos efectos do quecemento global na costa lucense. Medusas orixinarias do Mediterráneo, esponxas e peixes de latitudes máis ao sur forman parte xa da súa fauna marítima

CINCO NOVAS especies, non propias destas latitudes, foron avistadas nos últimos anos en augas da Mariña, segundo recolle a Rede de Observadores do Medio Mariño Galego, Redogal, dependente da Consellería do Mar.

As novas especies son os peixes seriola rivoliana e cynoscion regalis, vistos en augas do Vicedo; a esponxa grantia compressa, en Xove; a corella eumyota, en Burela; a medusa pelagia noctiluca, en Barreiros, e o staurosoma parasiticum, en Ribadeo.

A seriola rivoliana introduciuse na Mariña por un desprazamento cara ao norte debido probablemente ao aumento da temperatura da auga e das correntes de sur cara ao norte. Capturado por primeira vez en Galicia en marzo de 2005, é a especie de seriola máis común nas nosas costas. Foi vista no Vicedo.

SABER MÁS | Cambio climático en Lugo: aumento de temperaturas e especies que desaparecerán

O cynosion regalis é orixinario da costa esta norteamericana e, orixinariamente, a súa poboación distribuíase entre o norte de Florida, en Estados Unidos, e Nova Escocia, en Canadá. A súa presenza en augas da península Ibérica está documentada desde hai anos no estuario do Guadalquivir, onde mantén poboacións estables e vendas en lonxa desde finais do 2015. Desde 2016, esta especie está presente en Galicia. En concreto, nas augas de O Vicedo.

A corella eumyota é orixinaria do hemisferio sur e formaba parte da poboación marítima da Antártida, Nova Zelandia, Suráfrica, Chile e o sur de Australia.

Esta especie foi observada por primeira vez en Francia no ano 2002, estendéndose posterior mente por todo o noroeste de Europa.

En Galicia, foi observada por primeira vez ría de Vigo en novembro de 2003. Posteriores estudos localizárona en pantaláns de numerosos portos deportivos da ría de Vigo (Baiona, Vigo, Cangas, Moaña e Chapela), Pontevedra (Bueu), Corme-Laxe (Corme), A Coruña (A Coruña) e en Burela.

TRANSPORTE. Moitas das novas especies mariñas que chegan á costa lucense fano polos efectos do quecemento global do planeta. Pero tamén hai outras formas de chegada como, por exemplo, a través do transporte, segundo comenta Rafael Bañón Díaz, biólogo e creador da rede Redogal.

Segundo este investigador, algunhas especies atisbadas nas costas galegas veñen de América do Sur pero tamén hai outras que proceden do sueste asiático e ata de China e Xapón.

ás veces, estas especies apareceron directamente en Galicia pero noutras ocasións foron introducidas primeiro no Mediterráneo ata chegar ás costas galegas.

BATEAS. As Rías Baixas é unha das zonas de Galicia onde se detecta unha maior incidencia de novas especies. Isto débese, entre outras cousas, aos cultivos de bivalvos, o que permite a importación de organismos adultos ou de semente para criar ameixas ou ostras, provenientes do Mediterráneo, segundo indica Rafael Bañón.

á súa vez, o cambio climático está a propiciar o despraza

amento de especies tropicais "sobre todo, de costas africanas e mediterráneas" cara a Galicia.

PORTOS. Outros factores que tamén inflúen finalmente nas migracións de poboacións no interior da de especies novas a Galicia é a proliferación de grandes portos na nosa comunidade e a pouca distancia, como son Vigo, A Coruña, Marín, Ferrol e Vilagarcía, "que moven ao redor do millón e medio de toneladas anuais de mercancías", comenta Rafael Bañón, aos que se unen outros portos cunha forte actividade pesqueira, como o de Celeiro, ou con industrias conserveiras e conxeladoras como no caso de Ribeira ou A Pobra do Caramiñal. "O tráfico marítimo internacional xerado nestes portos representa un alto risco potencial para as entradas de especies exóticas en augas de lastre ou como incrustaciones nos cascos dos barcos", di Rafael Bañón.

PISCIFACTORÍAS. Outro factor a ter en conta, na chegada de novas especies, é o potente sector acuícola, "o que propicia a introdución de especies doutras áreas para o seu cultivo ou engorde", segundo Bañón.

Comentarios