Masiva concentración en Foz en defensa da planta de Alcoa en San Cibrao

O comité de empresa denuncia que a actual poxa de interrumpibilidade sitúaos "ao mesmo nivel" que unha cementeira

Foz acolleu este mércores unha concentración masiva –máis de 5.000 persoas segundo o comité de empresa– para reclamar medidas para garantir a viabilidade da planta de Alcoa en San Cibrao, en Cervo. 

En declaracións a Europa Press, o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, denunciou que as condicións da última poxa de interrumpibilidad fan "inviable" o futuro da factoría. 

Neste sentido, criticou que a poxa sitúa a Alcoa "ao mesmo nivel" que unha cementeira, cando para estas últimas o custo da electricidade pesa un 0,5% no conxunto global, mentres que para unha electrointensiva como fábrica de aluminio da Mariña, en torno ao 40%. 

Así as cousas, durante a protesta, que tivo lugar na praza do concello de Foz, o representante dos traballadores advertiu de que o Goberno xera "un problema para toda España".

REPRESENTANTES POLÍTICOS. Na mobilización houbo representantes políticos, entre eles unha ampla delegación de cargos do Partido Popular, partido que, a través dun comunicado de prensa, acusa o Executivo central de pór a Alcoa San Cibrao en situación de "urxencia". 

E é que a poxa de interrumpibilidade non prevé bloques de 40 megawatts, os máis relevantes para a industria, polo que os actores terán que competir por 200 bloques de 5 megawatts cada un. 

Os populares esixen, neste contexto, a aprobación "inmediata" do estatuto do consumidor electrointensivo, co obxectivo de garantir a pervivencia da factoría. 

Comentarios