A Mariña ten 'recanteiro'

Jonathan Dasilva representará á comarca no popular concurso do programa Luar
Jonathan Dasilva. EP
photo_camera Jonathan Dasilva. EP

As ganas e o espírito de strong <>Jonathan Dasilva fanlle dar un paso máis cara a adiante na súa carreira musical. Este mozo de Lourenzá é o encargado de representar á comarca da Mariña nesta nova edición do concurso Recantos, do programa Luar, da Televisión de Galicia.

Dasilva confesa ser un apaixonado da música desde moi neno, cando “pedía micrófonos aos reis para cantar en casa”. Pero os seus inicios non quedan en privado. As súas primeiras andanzas como cantante se trasladan ao concurso Mamá quero cantar, que se celebraba en Mondoñedo, e onde estivo aproximadamente seis anos. A súa participación foi unha boa forma de aprender ao “recibir unha pequena formación”, engade. Anos despois, roldando os dezaseis, este mozo atreveuse a acudir a outro programa da Televisión de Galicia, "Bamboleo", onde xa non puido porlle fin ao seu amor pola música.

Desde entón, Jonathan Dasilva non parou de cantar en diversos lugares e situacións ata entrar na high class do mundo da música en Galicia: as orquestras. Hai apenas un ano empezou a cantar nun grupo chamado A Xira e, actualmente, está na orquestra Venezia. Era moi grande a ilusión que este mozo tiña por cantar coa súa nova agrupación, pero a situación sanitaria que atravesa o país non lle permitiu estrearse ao grande.

Agora aproveita este momento para cumprir un vello soño. Foron tres as veces que se presentou aos Recantos de Luar e, aínda que a espera fíxose de rogar, Dasilva está moi contento de tomar esta decisión. Recoñece ver o programa e o certame desde que empezou, polo que para el é unha boa experiencia para vivir e darse a coñecer en Galicia ao ser “un dos programas da galega que máis ven”, explica o actual representante da Mariña no concurso, quen ademais manifesta que para el é un orgullo poder representar á comarca, aínda que tamén lle dea un pouco de respecto “ao estar a xente pendente” del. Con todo, o cantante non dubida que fará todo o posible por deixar á Mariña na mellor posición.

NOVOS RETOS. O concurso inaugurou esta nova edición o pasado venres, cando este mozo laurentino fixo o seu debut na que, a partir de setembro, converterase na súa segunda casa. “Foi unha experiencia única e estiven moi tranquilo. Agora teño que ir todos os venres”, afirma Dasilva. Este certame conta con varias fases nas que cada semana cantan dúas persoas que levan puntos do xurado, do público e un dos compañeiros. Quen menos puntos teña é eliminado ata chegar á recta final onde se decide o gañador.

A súa familia sempre o apoiou en todo o que necesita e quere. “Están todos moi contentos e gustaríame poder levalos ao programa cada vez que teña que cantar”, di Jonathan Dasilva. Pero dentro da súa familia, el non é o único que deu este paso. A súa curmá, Patri Dasilva, tamén representou á Mariña en em <>Recantos hai aproximadamente cinco anos. Actualmente canta no grupo Ideas e participa na edición especial de em <>Recantos de Ouro. “Sen dúbida ha sigo un gran apoio e a que me deu o empuxón para presentarme”, conta o recanteiro.

Comentarios