sábado. 04.04.2020 |
El tiempo
sábado. 04.04.2020
El tiempo

A Mariña, en risco por vento e ondada

Mar axitado durante un temporal fronte a Burela. ANTONIO LÓPEZ
Mar axitado durante un temporal fronte a Burela. ANTONIO LÓPEZ
A Aemet prevé tempo nubrado con precipitacións débiles en Galicia

Sete provincias estarán en risco (amarelo) por ondada e vento, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET). En concreto, a ondada afectará a Guipúzcoa, Biscaia, A Coruña, Lugo (A Mariña), Asturias e Cantabria debido a ventos do oeste de forza 7 que producirán ondas de catro a cinco metros de altura

Ademais, as temperaturas diúrnas ascenderán este xoves 27, salvo no litoral sueste e Canarias que descenderán, con 18 provincias que, estarán ou superarán, os 20ºC. Os valores máximos alcanzaranse en Valencia, Alacante e Murcia con 25ºC. 

En xeral, a Aemet prevé tempo nubrado con precipitacións débiles en Galicia, extremo oriental do Cantábrico e Pireneos mentres que en Baleares espéranse intervalos nubrados de madrugada, con posibilidade dalgunha precipitación débil. Na meseta Norte, haberán intervalos de nubes baixas tendendo a despexar e no resto do terzo norte peninsular predominarán os intervalos de nubes altas evolucionando a pouco nubrado. 

A Mariña, en risco por vento e ondada
Comentarios