A Mariña pide "valentía" para a implantación de Altri na comarca

Cajoto defende que a zona reúne os requisitos necesarios para o asentamento dunha empresa desas características
Fran Cajoto. ARCHIVO
photo_camera Fran Cajoto. ARCHIVO

O presidente da Mancomunidade de municipios da Mariña e alcalde de Foz, Fran Cajoto, pediu "maior concreción" e máis "valentía" por parte da Xunta de Galicia para apostar claramente por esta comarca, que está "a pasar por unha fortísima crise" industrial, para a implantación da fábrica de fibras téxtiles forestais da empresa lusa Altri.

"Necesitamos maior concreción e maior valentía", dixo Cajoto, para "apostar pola Mariña" como sede desa empresa, porque a comarca reúne os requisitos necesarios para o asentamento dunha empresa desas características.

Cajoto recordou que na Mariña hai nestes momentos "man de obra industrial moi cualificada" e tamén hai "a materia prima" necesaria para desenvolver esa actividade sen saír da comarca.

"A Mariña é un dos maiores produtores de eucalipto" e, ademais, "hai unha celulosa" na comarca, de modo que non habería que sumar gastos "adicionais" ao proceso de produción polo transporte.

"Estamos a atravesar unha crise fortísima", dixo Cajoto en alusión á situación da Vestas e de Alcoa, polo que a comarca necesita "un respiro" que, realmente, "pare esta sangría".

Comentarios