O mar arrastra un cetáceo morto á praia do Penoural en Burela

O animal, de case catro metros de lonxitude, atópase en avazado estado de descomposición
Cetáceo. EP
photo_camera Cetáceo. EP

Un cetáceo apareceu na mañá deste domingo na praia urbana do Penoural, en Burela. O mamífero mariño foi descuberto cara ao mediodía e ata o lugar desprazáronse integrantes de Protección Civil, quen indican que mide entre tres metros e medio e catro.

O exemplar, que foi arrastrado polo ata o areal, atópase en avanzado estado descomposición, polo que resulta difícil saber de que tipo é. Un particular alertou ao 112 en Galicia da súa aparición e prevíase a súa retirada por parte de persoal municipal.