Nova aposta brasileira para as campioas

A internacional Jane Marques será unha das grandes apostas en materia de fichaxes do Pescados Rubén FSF para a próxima tempada. Sae por vez primeira do seu país

Marques, en su etapa en Brasil. AMA
photo_camera Marques, na súa etapa en Brasil. AMA

O Pescados Rubén Burela FS xa ten elixida a internacional brasileira que reforzará o persoal do flamante campión da Copa de España. Trátase de Jane Marques, unha xogadora que vivirá a súa primeira experiencia en Europa con 29 anos logo de xogar toda a súa carreira deportiva no seu país e que será unha das grandes apostas en materia de fichaxes do club burelense.

O seu último club foi o Sao José Futsal, unha das entidades con maior reputación do fútbol sala brasileira, ao que chegou a xogadora logo de cinco anos no Cianorte, onde se converteu nunha referencia para os afeccionados. No seu palmarés figuran títulos do Campionato Paranaense, Jogos Universitarios e a Copa do Brasil. Tamén acumulou numerosos entorchados internacionais, defendendo á selección brasileira na Copa América, entre as súas últimas convocatorias.

Jane Marques está considerada como unha das xogadoras de máis calidade dentro do fútbol sala brasileiro, aunando calidade en ataque e sacrificio defensivo como xogadora de equipo, pero tamén desborde e pegada no xogo ofensivo.

A xogadora brasileira unirase para a pretemporada ao bloque de xogadoras que continuarán respecto da anterior, con algunhas xa confirmadas como Peque ou Dany, con contrato en vigor, e outras que nos próximos días irán renovando os seus contratos. Tamén chegarán a Burela Jenny Lores e Ale de Paz, procedentes do Poio, que reforzarán aínda máis ao equipo.

A maior dúbida segue sendo a de Cami, que por cuestións académicas terá que regresar a Brasil polo menos ata decembro. A intención do club é que a xogadora regrese ao Pescados Rubén en canto quede liberada das súas obrigas en Brasil, polo que teñen previsto esperar pola xogadora. No caso de que Cami non se poida reincorporar á entidade laranxa buscaríase algunha alternativa no mercado invernal, pero sempre coa prioridade da brasileira, sobre todo despois da súa gran tempada.

CEA. As xogadoras do Pescados Rubén Burela FSF aínda están a recibir felicitacións de todos os puntos da península polo seu título da Copa de España e este xoves comparten a súa alegría cos afeccionados nunha cea no Nordés, na que tamén participarán directivos, corpo técnico e traballadores da entidade laranxa. Este será un dos últimos actos antes de que poidan coller vacacións logo de 10 meses de traballo e éxitos.

Comentarios