Maiores de Riotorto coñecen a actividade pesqueira en Celeiro

Este mes tamén finaliza a sétima edición do programa Mariñeiros por un día dirixido aos centros educativos
mayores de Riotorto de visita en Celeiro lonja y helipuerto-EP (2)
photo_camera Los mayores de Riotorto junto al Pesca 2. EP

Un nutrido grupo de persoas maiores de Riotorto visitou na mañá deste xoves a lonxa pesqueira de Celeiro para coñecer de cerca o desenvolvemento da actividade pesqueira, así como a base o helicóptero Pesca 2 do Servizo de Gardacostas da Xunta, a fin de ver cal é o seu traballo e con que medios contan para o mesmo.

Trátase dunha iniciativa máis de turismo mariñeiro impulsada pola confraría de pescadores Santiago Apóstolo xunto á OPP dey Porto de Celeiro coa colaboración do Concello riotortense coa finalidade de nbsp;divulgar&o mundo do mar e potenciar o consumo de peixe fresco.

Alumnos do Ceip de Xove en lonxa de Celeiro-EP
Alumnos do colexio xovense en lonxa de Celeiro. EP

Tamén continúa o programa Mariñeiros por un día dirixido aos centros educativos que desexen profundar no coñecemento do mundo pesqueiro. Os últimos en visitar a lonxa celeirense foron os alumnos do colexio Pedro Caselles de Xove. 

A iniciativa cumpre a súa sétima edición e finaliza este mes de xuño. é un programa pioneiro a nivel nacional que este ano patrocina o Galp da Mariña Ortegal. 

Comentarios