viernes. 03.04.2020 |
El tiempo
viernes. 03.04.2020
El tiempo

O lume calcina parte dun coche que circulaba por unha pista preto da Espiñeira

O lume calcinou este venres en Foz parte dun automóbil que circulaba polo cruzamento de Vilaronte, na Espiñeira, onde os bombeiros de Barreiros sufocaron o foco, que queimou o cadro de mandos e a tapicería dos asentos. 

A condutora do turismo percibiu que saía fume do cadro de mandos cando se atopaba en plena marcha e detivo o coche, avisando de inmediato ao 112, que alertou aos bombeiros ás oito menos cuarto da tarde.

O lume calcina parte dun coche que circulaba por unha pista preto...
Comentarios