O lume arrasa por completo unha vivenda en Ourol

Trátase do inmoble do lugar de Casabella no que apareceu o seu inquilino morto o pasado mes
Casa quemada en Ourol.AMA
photo_camera Casa queimada en Ourol.AMA

O lume arrasou por completo unha vivenda situada no lugar de Casabella (Ourol) á primeira hora da tarde deste xoves . Trátase do mesmo inmoble no que apareceu o inquilino morto no pasado mes de agosto

O propietario, duns 87 anos, acudira a facer limpeza na casa tras quedar esta deshabitada. Ao parecer, prendeu lume a unhas caixas no interior da vivenda, o que provocou o incendio que a calcinou do todo, quedando só as paredes.