De Lourenzá a Noruega nun Dyane 6 e unha Vespa 200

Dous aventureiros do club VespaFaba & Clásicos Lourenzá sairán o sábado do Cantón laurentino cara a Nordkapp
Ceferino Martínezinternet
photo_camera Ceferino Martínez, na súa Vespa. EP

O Concello de Lourenzá en colaboración co club VespaFaba & Clásicos Lourenzá organiza unha aventura como unha seda que levará o nome do municipio a terras norueguesas, concretamente ata Nordkapp. Dous aventureiros do club, Jorge Aguirre e Ceferino Martínez, emprenderán o sábado, ás doce da mañá, esta apaixonante viaxe a bordo dun Dyane 6 e dunha Vespa 200. 

Os actos desta saída empezarán xa o venres co espectáculo dun globo aerostático cautivo no Campo dos Bolos, cortesía de Íkaro Globos que dará publicidade ao evento e poderá verse desde os concellos limítrofes. 

Jorge Aguirreinternet
Jorge Aguirre. EP

"Esta acción de promoción turística levará Lourenzá por outros lugares do mundo e mostrará os nosos atractivos patrimoniais, culturais, gastronómicos e paisaxísticos para atraer futuros visitantes", destacou a alcaldesa, Rocío López

Máis en A Mariña
Comentarios