viernes. 28.02.2020 |
El tiempo
viernes. 28.02.2020
El tiempo

Localizan un home inconsciente na parada do bus en A Casanova de Celeiro

Sanitarios atenden o home que apareceu inconsciente en Viveiro. AMA
Sanitarios atenden o home que apareceu inconsciente en Viveiro. AMA
No había señales de atropello en el lugar, por lo que los testigos especulaban con que pudo darle un vahído

Un home apareceu na noite deste venres no chan boca abaixo sobre a calzada na estrada LU-862 á entrada de Celeiro, en Viveiro. Foron condutores que circulaban pola zona quen detectaron a presenza do home prostrado e inmóbil ante a parada do bus en A Casanova e alertaron aos servizos de urxencias.

Ata o lugar desprazouse unha ambulancia e unha patrulla da Policía Nacional, que asistiron ao home. Aínda que estivo inconsciente en todo momento e sangraba abundantemente pola cara, respiraba, polo que os efectivos do 061 puxéronlle un collarín e introducírono no vehículo para trasladalo a un centro sanitario.

As testemuñas comentaron que podía tratarse dun veciño da zona e sospeitaban que o home puido sufrir un vahído. Entre outros indicios, porque non había sinais de atropelo no lugar, situado xunto a unha marquesiña. As feridas da cara deberíanse, de ser así, á caída e o golpe contra o chan.

O feito xerou alarma entre veciños e condutores. Un dos presentes, ao darse conta de que á vítima soáballe o móbil, respondeu, e ata o lugar desprazouse unha persoa da zona que coñecía ao ferido.

Localizan un home inconsciente na parada do bus en A Casanova de...
Comentarios