Localizado no Vicedo un pequeno terremoto de magnitude 1.8

Non hai constancia de que o tremor, con epicentro situado a unha profundidade de once quilómetros, fose percibido pola poboación
Temporal maritimo en San Román, O Vicedo. ANTíA
photo_camera Temporal maritimo en San Román, O Vicedo. ANTÍA

Un pequeno sismo, de magnitude 1.8 foi localizado polo Instituto Xeográfico Nacional no subsolo do municipio de O Vicedo. O sismo localizouse en terra, un pouco cara ao interior da praia de San Román e ocorreu ás tres menos dez da tarde.

Non hai constancia de que o tremor, con epicentro situado a unha profundidade de once quilómetros, fose percibido pola poboación. 

Comentarios