Llano espera licitar este ano a nova depuradora

O alcalde de Burela abordará este tema con Augas de Galicia no vindeiro mes de febreiro

Restos de casetas, no solar onde se ubicará a depuradora. JOSE Mª ALVEZ.
photo_camera Restos de casetas, no solar onde se ubicará a depuradora. JOSE Mª ALVEZ.

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, espera que a construcción da nova depuradora poda licitarse este mesmo ano e con esa previsión traballan dende o Concello. Polo momento, xa está feito o levantamento topográfico do solar no que se ubicará a infraestructura, ao carón do vial de acceso ao porto xusto enfrente das instalacións do club náutico. Esta é a ubicación que o equipo de gobierno defendeu sempre e xa fai uns días que se están retirando desa zona os barcos, enseres e casetas que a ocupaban para liberar o espazo.

Llano avanzou que no vindeiro mes de febreiro vai manter un encontro con responsables do organismo autonómico Augas de Galicia co fin de abordar o punto exacto no que se atopa o proxecto, para o que os presupostos autonómicos para este ano contemplan unha inversión de 250.000 euros. "Agora mesmo estamos á espera de que se remate o anteproxecto", explicou Llano, que matizou que en Augas de Galicia están estudando a mellor «opción tecnolóxica » para a nova infraestructura en función do espazo no que se vai ubicar.

Unha vez que o anteproxecto estea rematado, o Concello pedirá os correspondentes permisos a Portos e a Costas para ubicar a depuradora no solar no que xa se traballa para telo despexado.

NECESIDADE. Llano insistiu na necesidade de que a localidade conte cunha nova depuradora, dado que a actual xa non cubre as necesidades existentes e ocasiona numerosos problemas, sobre todo en época de choivas cando os desbordamentos son continuos na zona de enfrente ao club náutico.

Segundo os últimos datos aportados sobre o proxecto, a nova depuradora estará planificada para 14.000 habitantes e contará cun deseño moderno e menos contaminante e que ademais permita aforrar en mantemento.

O rexecor recordou que a inversión total para acometer o proxecto, no que o equipo de goberno traballa dende que empezou o mandato, será duns nove millóns de euros.

Comentarios