A liga Fe Surfing chega a Xove coa terceira proba da tempada

Disputarase a fin de semana do 2 e 3 de xuño

Un surfero de la Liga Fesurfing. EP
photo_camera Un surfero da liga Fesurfing. EP

A liga Fe Surfing chegará o próximo fin de semana do 2 e 3 de xuño á praia de Esteiro, en Xove. Durante o primeiro trimestre do ano, este campionato recalou en areais de Andalucía e Asturias.

Se as condicións non son as idóneas, a proba podería cambiarse para os fins de semana do 12 e 13 de xuño ou do 19 e 20 do mesmo mes.

O andaluz Juanjo Fernández e a vasca Sara Urresti lideran a clasificación xeral. A terceira proba da liga Fesurfing de Xove será tamén valedoira para o Circuíto Galego nas categorías sub18 (masculino e feminino) e Máster.

Tamén competirán as modalidades de bodyboard e paddleborad.

Comentarios