A Liga dá o visto bo á reforma do pavillón Vista Alegre de Burela

O goberno xa ten contratada unha empresa para a elaboración das bases que rexerán a licitación do proxecto, cuxa primeira fase empezará no menor tempo posible

Vista exterior del Pabellón Vista Alegre de Burela. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Vista exterior do Pavillón Vista Alegre de Burela. JOSÉ Mª ÁLVEZ

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, explicou este xoves que a Liga Nacional de Fútbol sala (LNFS) enviou un comunicado na que dá o visto e prace á reforma prevista polo goberno no pavillón Vista Alegre. Con esta aprobación na man, o goberno local manterá este venres un encontro con persoal técnico municipal e co estudo de arquitectura que elaborou o anteproxecto e a planimetría da reforma co fin de acordar os termos para a licitación do proxecto executivo.

Segundo explicou Llano, a obra levarase a cabo en dúas fases, aínda que o proxecto incluirá todos os traballos previstos así como o financiamento que necesitarán e da que aínda está pendente o goberno. "Nunha primeira fase vaise adaptar o pavillón ás esixencias da Liga e, posteriormente, imos facer unhas melloras na parte de arriba nunha serie de instalacións e servizos", precisou.

O alcalde detallou algunhas das actuacións da reforma. Colocaranse "dúas bancadas que poden ser recollidas parcialmente para agrandar a cancha de xogo e tamén se van colocar dous novos vestiarios, servizos sanitarios e un almacén que pode servir como ximnasio. Tamén se fará un novo acceso ao pavillón pola zona onde se van colocar as bancadas", dixo.

Llano tamén precisou que como o pavillón é unha aula do colexio Vista Alegre abordará a situación con Educación.

Comentarios