Liberada unha muller tras un choque frontal en Foz

O accidente produciuse na N-642, á altura de Nois
Los bomberos de Barreiros. ARCHIVO
photo_camera Los bomberos de Barreiros. ARCHIVO

Unha muller tivo que ser excarcerada polos bombeiros logo de quedar atrapada nun coche tras un coche frontal ocorrido este domingo en Foz. Esta persoa, que viaxaba de acompañante nun dos vehículos implicados, foi evacuada despois polos servizos sanitarios.

O accidente ocorreu ao fío das 10.30 horas na estrada que une Foz e Burela, a N-642, a áltura da ITV en Nois.

Os servizos sanitarios contactaron co 112 para solicitar medios de excarceración para o accidente. Ata o lugar foron mobilizados os Bombeiros de Barreiros e tamén se deu aviso aos membros do GES de Barreiros, a Garda Civil de Tráfico e a efectivos de Protección Civil da localidade.

Tamén foi precisa a intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada, que se encargou da limpeza da vía.

Finalmente, os Bombeiros confirmaron a excarceración da muller do interior dun dos vehículos implicados para, posteriormente, ser evacuada polos profesionais sanitarios.