Lesionado ao caer da moto no Camiño Real ao paso por Cangas de Foz

Hospital da Mariña. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Hospital da Mariña, JOSÉ Mª ÁLVEZ

Unha persoa resultou ferida debido a unha caída da motocicleta que conducía cando circulaba pola zona de Lamallada, pertencente á parroquia de Cangas, no termo municipal de Foz. 

O accidente de circulación produciuse cara ás catro da tarde deste mércores ao seu paso polo Camiño Real. Os propios servizos de Urxencias Sanitarias do 061 foron os que alertaron aos servizos da central de urxencias do 112 Galicia, que foron os encargados de pasar o aviso correspondente aos bombeiros do parque comarcal de Barreiros, ao Grupo de Urxencias Supramunicipal (GES) de Cervo, así como á Garda Civil de Tráfico. 

Os axentes deste corpo foron os encargados de instruír o correspondente atestado. A persoa ferida no accidente foi desprazada ata o Hospital da Mariña, en Burela, por unha ambulancia de soporte vital básico do 061.