Rouban xoias valoradas en 6.000 euros nunha casa de Rinlo

Os ladróns achandaron a vivenda coa propietaria dentro

Vista de Rinlo. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Vista de Rinlo. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Unha veciña da localidade ribadense de Rinlo denunciou ante os axentes da Garda Civil que lle roubaron, á noitiña, cando ela estaba en casa, aínda que non se decatou da violación. Do interior da vivenda, os ladróns subtraeron, segundo a demandante, dous xoieiros que contiñan xoias e demais artigos por valor duns 6.000 euros.

O presunto roubo con forza ocorrido en Rinlo perpetrouse, como calcula a denunciante, o pasado sábado, día 16 de febreiro, entre as sete e as oito da tarde.

Neses momentos, a rinlega atopábase na parte superior da vivenda e foi horas despois cando se decatou de que na planta baixa do inmoble, forzaran a porta de entrada a unha galería.

Unha vez dentro da casa, os ladróns accederían a unha habitación onde se gardaban dous xoieiros que levaron e cuxo contido a denunciante valorou en 6.000 euros.

►Máis información na edición impresa de El Progreso deste martes◄

Máis en A Mariña