José María Fernández encabeza a lista dos populares en Trabada

O PP de Trabada fixo público este martes o nome do seu cabeza de lista ás eleccións de maio. É José María Fernández Vázquez, autónomo do sector agrario e chofer de autobús de 41 anos, casado e cun fillo. É militante do partido desde 2008.

José María Fernández. AMA"Preséntome con toda a ilusión do mundo e con ganas de traballar polo"concello , dixo e engadiu que as súas áreas prioritarias de actuación serán os servizos sociais e a dependencia "que tanto precisamos manter neste concello", así como o sector gandeiro "que é tan importante en Trabada e que coñezo de primeira man".

Desta forma, Fernández Vázquez substitúe a José Manuel Yanes Ginzo, que perdeu a alcaldía trabadense nas pasadas eleccións de 2015 logo de 24 anos no cargo. Nestes momentos é deputado provincial.

A renovación do cabeza de lista vén da man dunha persoa que aínda que é militante popular nunca se presentou en postos de relevancia nas listas do partido xa que só concorrera nunha ocasión e fíxoo como suplente.

Comentarios