Sábado. 21.07.2018 |
El tiempo
Sábado. 21.07.2018
El tiempo

Jinjer conquista aos 'resus'

Actuación de Jinjer. X. LOMBARDERO
Actuación de Jinjer. X. LOMBARDERO

Os asistentes ao festival enchen Celeiro de tendas de campaña no arranque, propiamente dito, do festival

Día de praia e bebida fría en Lavandeiras para meterse de cabeza nun Resurrection Fest, que segue enchendo acampadas. Os últimos en chegar optan incluso por sebes, aínda que sexa xunto á depuradora. Moitos asiduos marcáronse un ano máis viaxes de ata 16 horas para estar nun festival do que valoran o bo clima, o ambiente e os veciños de tenda para verse de novo. 

Tras o gran son de Ministry na noite do mércores que apuntaba choiva e quedou nun chispeo, polos catro escenarios pasaron na tarde deste xoves, baixo o sol, bandas como Cuchillo de Fuego, Against de Waves ou Agoraphobia. Os mellores da xornada, de momento, Jinjer, coa súa cantante enchendo o escenario grande. 

Jinjer conquista aos 'resus'