Investigan a un menor de idade de Ribadeo por agredir a outra persoa

A persoa agredida presentou unha denuncia no cuartel da Benemérita por uns feitos acaecidos no municipio ribadense

Un menor de idade de Ribadeo está a ser investigado pola presunta agresión a outra persoa que tería lugar na madrugada do sábado ao domingo pasado.

A persoa agredida presentou unha denuncia no cuartel da Benemérita por uns feitos acaecidos no municipio ribadense.

A denuncia foi acompañada por un parte médico

Unha denuncia á que acompañou un parte médico no que se reflicten as lesións sufridas por esta terceira persoa, que é maior de idade.

Uns feitos que levaron aos axentes da Garda Civil a proceder ao comezo dunha investigación sobre as sete da tarde do pasado mércores, segundo fontes do Instituto Armado, quen confirman tamén que o menor de idade investigado, que está domiciliado en Ribadeo, foi posto a disposición xudicial.

Non transcenderon máis datos tanto sobre do que puido suceder na noite do sábado como do alcance das lesións ao estar involucrado un menor de idade.

Comentarios