Investigado un vivariense que conducía ebrio e en sentido contrario

Unha patrulla interceptouno de madrugada na LU-862 
Coches de la Policía Local de Viveiro. J.Mª ÁLVEZ
photo_camera Coches da Policía Local de Viveiro. J.Mª ÁLVEZ

A Policía Local investiga un veciño de Viveiro, de 57 anos, por un delito contra a seguridade viaria por conducir ebrio e en sentido contrario na madrugada deste xoves ao venres.

Os feitos ocorreron cara ás dúas e media da mañá. Unha patrulla interceptou o automóbil na estrada LU-862, á altura de Lodeiro circulando cara a Viveiro polo carril contrario.

Os axentes practicaron as probas de alcoholemia pertinentes aos homes, cun resultado de 0,85 milígramos de alcol por litro de aire expirado, razón pola que se lle imputa o delito citado.