Investigado un veciño de Cervo por simular que fora vítima dunha estafa bancaria

En realidade, os cargos realizados na súa conta eran dunha páxina web de adultos á que el mesmo se subscribiu

Juzgados de Viveiro. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Xulgados de Viveiro. JOSÉ Mª ÁLVEZ

A Garda Civil imputou en calidade de investigado por unha suposta simulación de delito a un veciño de Cervo, de 37 anos, que denunciou ser vítima dunha estafa bancaria, cando en realidade os cargos realizados na súa conta eran dunha páxina web de adultos á que el mesmo se subscribiu.

Segundo informou o instituto armado nun comunicado, a persoa investigada denunciou en xaneiro que estaba a ser vítima dunha estafa bancaria, que consistía en cargos supostamente fraudulentos na súa conta que viñan producindo de forma mensual nos dous últimos anos.

A Garda Civil iniciou unha investigación e comprobou que foi o propio denunciante o que se subscribiu de forma voluntaria, en xullo de 2016, á páxina web de adultos que emitía os citados cargos.

A persoa investigada foi posta a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Viveiro. 

Comentarios