Investigado un monfortino por cambiar billetes falsos nun mesón de San Cibrao

Pagaba nos establecementos con billetes falsos de 20 euros
Billetes. AEP
photo_camera Billetes. AEP

A propietaria dun establecemento de hostalería de San Cibrao logrou reter a un home novo, veciño de Monforte, tras detectar que pagara con billetes falsos de 20 euros. O camareiro ao que entregou o diñeiro avisou á dona, quen o entretivo ata que chegou a Garda Civil, que agora o investiga por estes feitos.

O involucrado neste delito entregou tres billetes, dous a pasada semana para solicitar cambio para tabaco en dúas ocasións. O camareiro que o atendeu, descríbeo como un home de estatura "mediana, con pelo curto e un pendente", que accedeu ao local "con bon rolo e de xeito moi agradable", polo que supón que tiña todo estudado para tratar de que coase o seu engano.

O home entrou de novo para pedir máis cambio, o camareiro díxolle que aínda debía ter e el repuxo que era "para un colega que teño fóra". Ao volver entrar pillárono e despois caeron en que a semana anterior entregáralles outro billete.

Comentarios