Investigada unha moza de Viveiro que vendeu un móbil por internet e non o entregou

Atribúeselle un delito de estafa

Unha moza de 21 anos, veciña da localidade lucense de Viveiro, enfróntase a unha imputación como investigada pola suposta comisión dun delito de estafa, dado que puxo á venda un móbil por internet, pero tras recibir o pago do comprador, nunca chegou a enviar o terminal.

A Garda Civil abriu unha investigación despois de que o comprador denunciase que, tras efectuar o pago, nunca chegou a recibir o teléfono móbil que comprara por vía electrónica. As pescudas da Benemérita levaron á imputación desta moza, que xa pasou a disposición xudicial. 

Comentarios