'Instruciones para empezar a hablar gallego" gana no Festi-Val de cine

O filme está baseado nunha historia de Séchu Sende e asínao Matías Nicieza

Nicieza, de rodillas, con la figura de Sargadelos. AMA (Festi-Val de cine)
photo_camera Nicieza, de xeonllos, coa figura de Sargadelos. AMA

A curta de Matías Nicieza titulada Instrucciones para empezar a hablar gallego foi a vencedora do Certame de Curtos de Alfoz e O Valadouro, que se celebrou esta fin de semana dentro do VII Festi-Val. O filme está baseado nunha historia de Séchu Sende.

Na recepción do galardón, o director premiado comentou "como son os prexuízos os que evitan que moita xente fale galego, como se fose unha cousa rara facelo". A curta foi rodada nos municipios de Burela e O Valadouro e participaron actores pertencentes a diversos grupos de teatro da comarca, como O Bordelo, Pico do Castro, Raiolas e O Centiño, entre outros.

O gañador deste certame embólsase unha cantidade de 300 euros e unha figura emblemática do Castelo do Castrodouro, elaborado pola fábrica de Sargadelos e que foi deseñada polo alfocés Pepe Blanco.

Outro dos grandes atractivos deste Festi-Val de Alfoz e O Valadouro foi a categoría do xurado, no que estaban Iago Villarino, o cineasta burelense Adrián Canoura e a actriz Camila Bossa, que participou en numerosas series tanto en Galicia como a nivel nacional.

Este festival está organizado polo Seminario de Estudos do Valadouro (Seva) e ten como patrocinadores aos dous concellos, que contan coa colaboración da Deputación de Lugo.

A entrega de premios celebrouse nesta ocasión no salón de actos da casa da cultura do Valadouro.

Palmarés 
Outras curtas premiados 


A curta de Matías Nicieza non foi o único gañador. O premio do público levouno a obra O preguiceiro, de Paz Quiroga, profesora do IES Alfoz-Valadouro, que rodou a película cos seus alumnos e que xa obtuvio o primeiro premio do festival OuffEscola. O galardón á mellor película do val foi para O río, de José Ramón Leal, producido por Terra Branca Audiovisuais, de Ribadeo. Trátase dun documental sobre o río Ouro onde colabora Paco Rivas.

Comentarios