Un incendio calcina unha cheminea no barrio de Xunqueira, sen causar feridos

Os bombeiros sufocaron o lume e arrefriaron a zona para que non se reproducise
Un camión de bomberos. AEP
photo_camera Un camión de bombeiros. AEP

Un pequeno incendio orixinado no interior do conduto dunha cheminea da vivenda 101 do lugar do Real, no barrio vivariense de Xunqueira, saldouse este luns sen feridos ao arder unicamente o hollín da saída de fumes.

O lume declarouse pouco antes das sete e media da tarde. Unha dotación do parque comarcal de bombeiros de Viveiro, xunto á Policía Local, desprazouse ata o lugar.

Os bombeiros sufocaron o lume e arrefriaron a zona para que non se reproducise.

Máis en A Mariña