Un incendio calcina unha casa en Cervo utilizada para gardar animais

Ningunha persoa resultou ferida
La casa incendiada en Cervo. EP
photo_camera A casa que ardeu en Cervo. EP

Un incendio calcinou por completo este venres de madrugasda unha casa en Cervo, sen que ningunha persoa resulta ferida nin afectada.

Os feitos sucederon no lugar do Vilar, na parroquia de Sargadelos, poucos minutos logo de medianoite. Un particular que contactou co 112 Galicia para dar conta do lume indicou que o lume afectaba a unha casa de dúas plantas.

Foron mobilizados os Bombeiros de Viveiro, o GES de Cervo e a Garda Civil. Segundo a información recollida no 112 Galicia, a casa, que era de madeira e utilizábase para a cría de animais e para gardar apeiros de labranza, ardeu por completo. Os animais que se atopaban no interior non resultaron afectados.