Impulsan recursos contra o arquivo do caso das gravacións da Maruxaina

Bumei e varias afectadas impulsaron os recursos, que en caso de ser rexeitados, volveranse a presentar na Audiencia Provincial
Maruxaina
photo_camera Manifestación contra o arquivo do caso. EP

A Asociación de Mulleres en Igualdade de Burela (Bumei), que exerce de acusación popular, así como varias afectadas a título particular impulsaron recursos en contra arquivo provisional por parte dun xulgado de Viveiro da causa aberta polas gravacións a 87 mulleres ouriñaban durante as festas da Maruxaina, en San Cibrao. Estes vídeos acabaron colgados en webs pornográficas. 

Os recursos interpuxéronse en paralelo a varias iniciativas impulsadas polo sucedido. De feito, centos de persoas tomaron o pasado domingo as rúas da localidade de Cervo para reclamar ao xuíz que "recapacite" no arquivo do caso. 

Este foi a mensaxe central dunha manifestación convocada polo colectivo Xustiza Maruxainaconformado polas afectadas. 

De feito, segundo fontes consultadas por Europa Press, o requirimento que presentou Bumei é un recurso de reforma e subsidiario de reforma ante o propio xuíz. 

á espera da resposta —o xulgado ten que dar curso á Fiscalía—, as mesmas fontes apuntan que, se o desestimase, o seguinte paso sería ante a Audiencia Provincial de Lugo.

PARLAMENTO E VALEDORA DO POBO. Pero en paralelo, as afectadas e os colectivos que as apoian deron outros pasos, como a recollida de firmas para levar unha iniciativa á Cámara. Confían en obter o respaldo dos distintos grupos políticos. 

Tamén a valedora do Pobo, María Dores Fernández Galiño, tomou cartas no asunto e enviou un requirimento de información ao Concello de Cervo, entre outros pasos, aínda pendentes de resolución. 

Comentarios