A implantación da eólica mariña aviva o debate nas Xornadas de Pesca de Celeiro

O sector pesqueiro expresou a súa preocupación e malestar pola afección aos caladoiros destas novas instalacións enerxéticas no litoral do Cantábrico. O Miteco defendeu que aínda hai tempo para redactar unha boa normativa
undefined
photo_camera Exposición da presidenta de Portos e asistentes ao foro pesqueiro, na cofradía celeirense. ÁLVEZ

A eólica mariña avivou o debate na vixésimo sexta edición das Xornadas técnicas de pesca de Celeiro, que arrincaron este xoves na confraría de pescadores. O subdirector de Enerxías Renovables do Ministerio de Transición Ecolóxica (Miteco), Jesús Ferro, sinalou que o plan de ordenación do espazo marítimo aprobarase en breve e que incluirá menos de 3.000 quilómetros cadrados -o 15% do posible- de alto potencial para a súa explotación, en áreas cunha profundidade inferior a 1.000 metros sen interacción con outros usos.

O dirixente cre que España "non é un país moi ambicioso, porque a potencia fotovoltaica está a crecer e hai 25.000 megawatts de renovables instalados en terra». Apuntou que empregarán tecnoloxía flotante a diferenza doutros países, onde é fixa. Ferrero explicou que en 2021 paralizáronse as solicitudes de empresas e que agora substituirán a lei, polo que defendeu que "estamos a tempo de facer unha norma boa". Engadiu que os parques mariños deberán ter unha concesión (espazo), acceso á rede e un réxime económico que os faga viables.

A doutora en Economía (UDC) Carme García Negro preguntou se o cable será aéreo ou submarino e se será compatible coa pesca, alertando sobre a falta de regulación da servidume de paso. Ferrero contestou que será submarino e que dependerá das artes, a zona e a profundidade.

O armador José Piñeiro reprochoulle que nos vende a ocupación do noso medio de vida por aeroxeradores. Non é a cantidade que queiran establecer, é o que vai supor. Somos donos da cota de pesca, vostedes están a ocupar onde podemos pescar e iso terá unha incidencia, entorpecerán o uso do caladoiro. Están a meternos unha veda definitiva sen contraprestación, outra cousa sería que dixesen que van instalarse no norte de Lugo pero terán luz gratis".

Piñeiro espetoulle "póñanse vostedes nas áreas de veda, porque aquí concéntrase o 85% da pesca" e engadiu que en Cantabria e Madrid non hai eólicos. "¿Por que non se renovan os existentes co dobre de potencia e cobren a demanda? Porque os teñen que pór as empresas e a eólica mariña está subvencionada por Europa", recalcou. Ademais, dixo que o paso do cable "creará unha ruela, hai que deixar media milla a cada lado, que cortará mares enteiros".

O exjefe de Mar en Celeiro Pablo Fernández, comentou que a eólica mariña flotante nalgún sitio ten que facer fondo e inquiriu: "Estudaron se hai corais, esponxas e plumas? Non vaia ser que só se aplica á pesca, se son zonas distintas non temos só 87 zonas de veda. ¿Falaron cos pescadores? En 2020 pecharon a central das Pontes e despois tiveron que reabrila".

O subdirector asegurou que verán "no seu momento" se afecta a esponxas e corais, agora estase facendo unha planificación xenérica, despois serán os estudos de detalle e a tramitación ambiental. Piñeiro censurou que "o principio de precaución en strong <>a eólica mariña desaparece". Cre que se falou cos afectados porque se reduce o espazo un 30%, senón estarían os mesmos que hai un ano".

SALTAN As ALARMAS. A doutora en Dereito da UDC Marta García Pérez afirmou que se alarmou ao ver a web do Miteco e mostrouse convencida de que os Plans de Ordenación do Espazo Mariño (POEM) aprobaranse antes de fin de ano como instrumento para que todos os sectores que operan sobre o mar poidan explotalo, pero advertiu que non hai unha directriz europea, senón que se deixa en mans de cada estado a regulación. A profesora cre "curioso" que o regulamento aprobado en 2017 por España esqueza a pesca, tamén ignorada nos usos existentes prioritarios e nos de alto potencial ou estratéxicos para o futuro, así como na cartografía normativa, o que significa que "os polígonos de eólica mariña están encima das zonas de strong <>máximo esforzo pesqueiro". O Miteco aduciu que non reservou zonas para ela en base que se realiza en todo o mar e está sobreregulada».

O sector tampouco foi consultado, pero presentou alegacións ao decatarse. "Cando lle viron as orellas ao lobo, houbo dúas reunións pedidas polo sector", precisou. García avogou por rexeitar a éolica "se temos dúbidas de que pode acabar coa pesca". Tamén considerou que o parque Nord 2, fronte ao Ortegal, é ideal polo bo vento e a profundidade non excesiva. "é unha declaración de intencións en toda regra, hai unha decisión tomada, Galicia vai ser polo da eólica mariña, gústenos ou non" e avisou que esa decisión non se tomou en Europa invitando a pensar quen o decide. Recordou que "xa nos pasou coas hidroeléctricas e a eólica terrestre".

Marta García defendeu que neste momento "non é necesaria, coa cantidade de espazos que hai e sabendo que podemos conseguir os obxectivos de enerxía renovable sen necesidade do Nord 2. Así teriamos tempo para experimentar con pequenas zonas, aplicariamos o principio de precaución de forma positiva». Recordou que Galicia ten competencias nos recursos das 200 millas exclusivas, aínda que o Estado o que outorga as concesións.

Conusmo: o 79% de españois come tres veces á semana pescado
O director de Clientes de strong <>Kantar World Panel, Joan Rise, falou sobre o consumo de peixe en España. Como fortaleza ve o gran peso da canle especializada —mercados e pescaderías—, que vende o 29% do que se consome. Séguenlle en importancia as cadeas de prezo baixo con menor variedade, os grandes supermercados e a canle online.

Explicou que o consumo caeu en Europa este ano e que a inflación leva agora aos compradores a canles de variedade curta polo prezo. Como feito positivo situou que o 79% dos españois consome peixe tres veces á semana.

Evolución

A pandemia fixo que o consumo se disparase, igual que as compras para o fogar, baixando na restauración, que este ano volveu gañar terreo.

Os preparados

Segue a mesma tendencia que o resto da alimentación, salvo os lagostinos e o salmón, que continúan á alza. Crece o consumo de produtos preparados, porque ofrecen tempo libre, xa que se tende a concentrar as compras e aí avanzan os supermercados.

Os nenos

Outro desafío é que os nenos coman peixe, pois o consomen mais os maiores, polo que a lonxevidade ofrece unha "oportunidade ou fosa de negocio".

 

Recursos: propoñen elevar as capturas de pescada do sur
O investigador do Instituto Español de Oceanografía (IEO) Santiago Cerviño abordou a situación das pesqueiras nas zonas Ciem, analizando a revisión dos modelos para coñecer as poboacións de pescada e resaltou que no stock sur a recomendación de pesca era inferior, o que provocou a redución dos TACs ao sector, que lle reprochou o atraso cando falou de que o seu estado era saudable no Cantábfrico noroeste e Cádiz. Por iso o Consello Internacional para a Exploración do Mar (Ciem) recomenda capturas de 11.591 toneladas en 2023.

Gran Sol

No stock norte, de Gran Sol, observan unha caída nos últimos anos, aínda que os recrutamentos son bos. O Ciem aconsella non pasar de 83.130 toneladas o próximo ano. Cerviño indicou que para manter a biomasa habería que reducir as capturas o 30%, pero a recomendación é incrementar un 10%.

Comentarios