jueves. 05.08.2021 |
El tiempo
jueves. 05.08.2021
El tiempo

A Igrexa recoñecerá a Compostela aos peregrinos do Camiño do Mar

Camiño do marinternet
Vicente (esquerda) con outros integrantes da Asociación de Amigos do Camiño do Mar. EP
Desde a asociación que impulsa a oficialización desta ruta xacobea destacan o incremento de camiñantes na Mariña e Ortegal que suporá esta decisión

O pasado sábado a Asociación de Amigos do Camiño do Mar recolleu en Santiago de Compostela a resolución positiva para que todo aquel peregrino que realice a ruta costeira do Camiño do Mar poida obter na catedral de Santiago. O presidente da asociación, Manuel Vicente, destacou a importancia de que a Igrexa acepte este recoñecemento como ruta xacobea do percorrido que atravesa A Mariña cara a Ortegal e San Andrés de Teixido.

"Logo de presentar a solicitude e documentación requirida queremos anunciar que o pasado sábado e tras distintas reunións co canónico delegado de Peregrinacións do Cabildo da Santa, Apostólica e Metropoliana Igrexa na Catedral de Santiago, o presidente da Asociación do Camiño do Mar recolleu de mans de Segundo L. Pérez López a resolución positiva a tal solicitude", indicou Vicente.

"Queremos compartir a gran alegría por tal recoñecemento e dar as grazas publicamente pois este era un obxectivo marcado fai 15 anos , alcanzando o apoio do Parlamento de Galicia no 2010 e volto ratificar en abril do 2021", sinalaron desde a asociación.

Estiman os membros da entidade que este respaldo suporá un elevado incremento de peregrinos na Mariña e Ortegal, "polo que teremos que traballar con cabeza e xuntos para poder desenvolver acertadamente o que poida supor".

A Igrexa recoñecerá a Compostela aos peregrinos do Camiño do Mar
comentarios