Identificado tras unha vertedura ao río Xunco que causou alta mortaldade de troitas

Os axentes ultiman o informe que remitirán en próximos días á Xefatura Territorial en Lugo
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Imaxe do río Xunco, en Cervo. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Axentes ambientais do distrito sexto da Mariña en colaboración co Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil levaron a cabo un operativo conxunto tras detectar os gardas unha vertedura ao río Xunco, en Cervo, este pasado luns, que causou unha alta mortaldade de troitas.

Os gardas identificaron ao suposto autor, mentres que os axentes dependentes da Consellería de Medio Ambiente encargáronse da toma de mostras da auga, a realización de fotografías, así como da recollida da fauna afectada.

A vertedura ocasionou, sobre todo a morte de troitas, e de menos de media ducia de reos. Os axentes ultiman o informe que remitirán en próximos días á Xefatura Territorial en Lugo e despois decidirase se se incoa un expediente sancionador e imponse as sancións.

Comentarios