A hostalería mariñá cualifica de "nefasto" o fin de semana con novas restricións

Os hostaleiros aseguran que se trata dun "peche encuberto"
Mesa vacía en el interior de un local de Viveiro. J. Mª ALVEZ
photo_camera Mesa baleira no interior dun local de Viveiro. J. Mª ALVEZ

Os hostaleiros da Mariña cualificaron o primeiro fin de semana coas novas restricións, como consecuencia do ascenso de cinco municipios –Viveiro, Burela, Cervo, Foz e Ribadeo– ao nivel alto, como "nefasto" para os seus negocios, porque, aínda que poden servir no interior dos establecementos, os clientes "son remisos" a presentar o certificado de vacinación.

O presidente da asociación que agrupa aos hostaleiros de Viveiro, Domingo González, recoñeceu que este primeiro fin de semana con novas restricións foi "moi complicado" e con "pouca afluencia de público nos locais", porque "hai xente remisa a mostrar o certificado, outra que está sen vacinar e outra que non pasou polo Covid, pero non o pode acreditar".

"Sufrimos unha perda importante de clientela", dixo Domingo González, polo que o sector sente unha vez máis "atropelado e sinalado pola Administración", porque "volve estar privado da dereito a traballar", con restricións de aforamento, "de horario" e agora incluso "ata se lle di quen pode estar e quen non nun establecemento público".

De feito, afirmou que se non se pechan os locais é para "non eximir" aos seus propietarios "do pago de impostos", porque a hostalería está a converterse "en recadadores de impostos para a Administración", máis que nun negocio.

Pola súa banda, a asociación de empresarios de Ribadeo (Acisa) cualificou como "nefastas" as "restricións" aplicadas para dobregar a curva da pandemia na Mariña.

O seu presidente, Francisco Iriarte, dixo que a "situación é desoladora" neste sector, con perdas este primeiro fin de semana que oscilan entre "o 50 e o 85%" da facturación, e iso a pesar de que coincidiu "co fin de semana do Apostól".

"Os hoteis están a avisarnos das cancelacións que están a rexistrar, por iso desde Acisa seguimos denunciando que estamos ante un peche encuberto da hostalería, para así non ter que dar axudas", concluíu. 

Comentarios