Un veciño de Viveiro morre electrocutado en Madrid ao caerlle o móbil á bañeira

A súa parella atopou o corpo e os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento
Efectivos del Summa en el domicilio del fallecido. 112 MADRID
photo_camera Efectivos del Summa en el domicilio del fallecido y fotografía de Santi Otero. 112 MADRID

[AVANCE] O home de 38 anos que faleceu este xoves en Madrid electrocutado ao caerlle á bañeira o móbil que estaba a cargar é natural de Escourido, na parroquia vivariense de Covas.  

Trátase de Santi Otero, unha persoa moi coñecida na comarca polo seu paso por varios equipos de fútbol, mundo no que era máis identificado como Catanha. Hai anos que vivía lonxe de Viveiro por motivos laborais. Deixa muller e dous fillos.

Os servizos sanitarios madrileños só puideron confirmar o seu falecemento ao chegar á vivenda. A principal hipótese é que morreu electrocutado na bañeira ao caerse á auga un móbil que estaba a cargar. Presentaba unha pequena queimadura no peito.

A súa parella atopou o corpo pola mañá ao regresar de traballar. Avisou aos servizos de urxencia, pero estes só puideron certificar o deceso, pois o home levaba xa entre oito e dez horas sen vida.