Un veciño de Barreiros que necesita unha máquina para respirar queda sen luz na casa

O afectado non tramitou a alta na vivenda de aluguer de Barreiros na que leva tres días e este xoves tivo que durmir no piso dunha veciña para poder ter osíxeno, que necesita as 24 horas
Carlos Mahadeva, na casa da veciña que o acolleu. AMA
photo_camera Carlos Mahadeva, onte na casa da veciña que o acolleu. AMA

Carlos Mahadeva é un trotamundos que terminou recalando en A Mariña porque a súa deteriorada saúde esíxelle "parar un poco", e que mellor que facelo no lugar ao que acude desde hai catro veráns "y del que siempre me voy con pena", conta dende Barreiros, donde alugou un piso en San Cosme. Tras varios días instalado, este xoves cortáronlle a luz, porque o anterior inquilino deuna de baixa e el aínda non tramitara a alta, o que o obrigou a durmir na casa dunha veciña ao non ter corrente para conectar a máquina de osíxeno que necesita para vivir.

"Si no es por la solidaridad de mis vecinos tendría que estar en el hospital", asevera despois dun día esgotador, que empezou da peor maneira posible cando "a las ocho de la mañana empezó a pitar la máquina porque no tenía corriente". Sabía que tiña que dar de alta a luz, "pero no que fuera de manera tan inmediata", justifica.

Pola mañá, comenzou coas xestións, pero por descoñecemento "contraté con una empresa que era una subcontrata y hasta la tarde no puede hacer el contrato efectivo con la firma", manifesta, revivindo "una mañana de odisea, hablando con contestadores y con mucho tiempo en espera".

A compañía calcula que demorará varios días en restablecer o servizo, segundo indica o propio afectado, porque "se trata de un alta normal, ya que no se contemplan excepciones por cuestión de salud o por emergencia. Pueden tardar hasta quince días en el peor de los casos", explica Mahadeva, cun apelido tan exótico grazas á orixe hindú de seu pai, e que cre que está tan contento no norte porque a súa familia materna era oriúnda de Asturias.

O home chegou de Girona cunha máquina portátil e xestionou co Sergas unha fixa para a vivienda. "Tengo que estar conectado 24 horas al día, sobre todo en días como estos en los que estoy resfriado", asevera, para recordar que a portátil "tiene una autonomía de entre una y cuatro horas, que me sirve para desplazarme a los recados o dar un paseo, pero en ningún caso para pasar una noche entera", polo que agradece enormente a boa disposición e a solidariedade dos seus veciños, "de Laura, de Chelo, de Chus...", dos poucos que quedan nun edificio dunhas cincuenta vivendas, que só se enche no verán.

Máis en A Mariña