Ferida unha muller nunha saída de vía no Valadouro

O suceso produciuse na recta de Tanín, en Alaxe
Accidente en O Valadouro. EP
photo_camera Accidente en O Valadouro. EP

Unha muller resultou ferida tras unha saída de vía que se produciu este luns pola mañá no Concello O Valadouro. Ao parecer, o vehículo que conducía a vítima foise contra unha árbore sobre as 09.23 horas, segundo informaron os servizos sanitarios.

O suceso produciuse na recta de Tanín, en Alaxe, preto de centro urbano do Valadouro.

O 112 Galicia alertou aos bombeiros de Barreiros, a Protección Civil do Valadouro, á Garda Civil de Tráfico e ao Ges de Cervo.