Ferida unha muller que foi atropelada por unha grúa de obra en Foz

Sucedeu na rúa Concello de Sarria á altura dun supermercado e acudiron os sanitarios e a Policía Local
Calle Concello de Sarria de Foz. GOOGLEMAPS
photo_camera Rúa Concello de Sarria de Foz. GOOGLEMAPS

Unha muller resultou ferida tras ser alcanzada este mércores pola mañá por unha grúa de obra de 60 toneladas na rúa Concello de Sarria da Fozá altura dun supermercado.

O 112 recibiu cara ás cinco menos dez da mañá o aviso dun particular que se atopaba no punto e que indicaba que a muller "estaba ferida, pero liberada e accesible, e consciente en todo momento". 

A central deu aviso a Urxencias Sanitarias e á Policía Local, que se desprazaron ao lugar, e tamén informou os bombeiros de Barreiros, o Ges de Cervo e Protección Civil de Foz. A muller foi trasladada ao Hospital da Mariña cunha poisble lesión nun brazo.