Unha menor resultou ferida logo de ser atropelada por un ciclista a última hora da tarde deste mércores no termo municipal de Foz.
Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 20.30 horas o servizo de urxencias tivo coñecemento deste accidente rexistrado en Foz, onde un ciclista atropelou a unha nena, que "sufriu un forte golpe na cabeza", indicaron as mesmas fontes.
Deste xeito, por parte do 112 Galicia pasouse aviso aos profesionais sanitarios de urxencia para
Ademais, pediuse a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos voluntarios de Protección Civil desta localidade lucense.