Gwyneth Paltrow suxire regalar unha aldea de Riotorto, á venda por 149.550 euros

A actriz faise eco dun dos conxuntos rurais anunciados na web aldeasabandonadas.com

Gwyneth Paltrow. EP
photo_camera Gwyneth Paltrow. EP

O anuncio publicado por Paltrow coa imaxe da aldea de Riotorto á venda. EPEntre as estrambóticas suxestións de agasallo incluídas na guía que a actriz Gwyneth Paltrow publicou no seu portal Goop.com hai unha que chama especialmente a atención: unha aldea de Riotorto composta por tres edificacións e valorada en 149.550 euros. O axente inmobiliario de aldeasabandonadas.com José Rodil confirmou que a oscarizada intérprete fíxose eco do anuncio no que se detallan as especificaciones do conxunto rural, que inclúe "casas, hórreos, alpendres, adegas, currais, leira, río...", dentro dunha extravagante lista de recomendacións de obsequios que inclúe desde une expedición en globo polo Everest a unha caixa de mistos.

"Publicítanse moito en televisións estranxeiras, por iso pódeo saber a actriz", apunta Rodil, especulando por como puido chegar a coñecer Paltrow a existencia desta aldea do val do Eo "ideal para turismo rural". Na web na que se anuncia non dubidaron en aproveitar esta casual publicidade e colgar un enlace á Cosmopolitan no que se mofan da peculiar guía de agasallos da actriz.

A aldea coa que recomenda agasallar a protagonista de Shakespeare in love conta  cunha casa de 360 m2 útiles "para entrar a vivir con moi poucas reformas", con auga, luz e rede de sumidoiros todo conectado e "con todos os seus muros e madeiras en bo estado", ademais dun alpendre-palleira de 80 m2 en dúas plantas, un edificio de 22 m2 con forno para facer pan, outra casa "con todos o muros e madeiras en bo estado de 124 m2 en dúas plantas",  un hórreo de 3 metros cadrados e unha terceira casa para restaurar de 160 m2, entre outros servizos, como unha adega "que se pode utilizar para xerar enerxía eléctrica pois ten a canle de traída de auga". 
 

Comentarios