Un grupo de hostaleiros manifestarase o domingo polo peche de Burela

Entenden que a medida "está sendo unha ruína" para o sector e afecta a todos os veciños do municipio
Os hostaleiros de Burela xa protestaron pola súa situación hai escasas semanas. SEBAS SENANDE
photo_camera Os hostaleiros de Burela xa protestaron pola súa situación hai escasas semanas. SEBAS SENANDE

O colectivo de hosteleiros de Burela, representado por 25 empresas locais do sector, manifestaranse o próximo domingo, 29 de novembro, para mostrar a súa desconfirmidade polo peche perimetral e as restriccións vixentes no municipio.

Á marcha, que terá lugar ás 12.00 horas na Praza do Concello, está convocado "todo o pobo de Burela", xa que a restricción afecta a "todos" os veciños.

"NON SON A SOLUCIÓN". A principal crítica do colectivo de hostaleiros radica na suposta inutilidade do peche perimetral. "Tendo sempre en conta que a saúde é o máis importante nesta situación, consideramos que o peche do noso sector e o peche perimetral de Burela non son a solución", defenden.

Este grupo entende que as restriccións "están sendo unha ruína para todo o pobo", ademais de resaltar que o peche perimetral non está conseguindo o obxectivo marcado polas autoridades sanitarias: "O movemento de persoas que por motivos xustificados entran e saen de Burela todos os días é enorme, polo que (o peche) non é útil no caso concreto do noso concello. O único que se consegue é perxudicar ós veciños, hostalería e comercio".

TRATO DESIGUAL. Os hostaleiros tamén centran as súas queixas no "trato totalmente desproporcionado" da Xunta de Galicia co concello burelés en comparación co resto de municipios da Mariña e a provincia de Lugo en xeral.

Segundo defenden, Sanidade "deixa de lado a Burela, cos seus seus oito kilómetros cadrados, como o único concello da comarca pechado perimetralmente. É algo ao que estamos acostumados", denuncian.

Por todo isto, o grupo asegura que non poden quedar "cos brazos cruzados" ante a "destrución das nosas empresas e centros de postos de traballo" e piden a unión de todos os colectivos para poñer solución ao problema.

Comentarios