Gris arranque de Liga para o Pescados Rubén Burela FS

Alberto Riquer asegura que as sensacións son boas e destaca que contra o Levante "fomos superiores" mentres que contra o Córdoba "faltounos frescura"
Burela-Córdoba. JOSÉ Mª ÁLVEZ










foto jm alvez
photo_camera Burela-Córdoba. JOSÉ Mª ÁLVEZ foto jm alvez

Unha mirada fría e distante aos números do Pescados Rubén Burela FS desconsuela. Un punto sobre 12 nas catro primeiras xornadas de Liga, onde só se arrincou un empate no espertar da competición ante o Zaragoza. Pero, ¿hai vertixe? "Se nos dá vertixe agora mal imos", di Alberto Riquer, que ten os seus argumentos.

"Contra o Levante fomos moi superiores, pero en dous ou tres chispazos déixanche K.O." di. "Estamos ben, só hai que ver os partidos, as estatísticas, chegamos bastantes veces, a actitude é boa, pero nos falta pegada", advirte o adestrador madrileño.

Mirando o vaso medio cheo, quedan 26 xornadas de Liga, un mundo. "Os adestradores sempre estamos preocupados, e máis logo dunha derrota como a do sábado ante o Córdoba, pero imos pensar de que isto acaba de empezar", sinala. "Agora xa sabemos en que punto estamos, o que necesitamos e temos que ir cada partido ao límite da esixencia", advirte.

"Agora xa sabemos en que punto estamos, o que necesitamos e temos que ir cada partido ao límite de esixencia"

No último encontro notouse a falta de pegada. "Botamos en falta a Pitero, que é o noso home gol. Sufriu un golpe ao principio do partido contra o Levante e contra Córdoba non puido xogar, di. "Tivemos moitas ocasións de gol e só puidemos marcar de penalti ao final, por iso necesitamos a todos", argumenta.

Rikelme chegou como home gol e aínda non entrou en convocatoria, mentres que Levi se participa, pero tampouco marcou. "Son dúas apostas de mocidade do club, adaptándonos ás nosas posibilidades, e están nese período de adaptación para ver se nos poden axudar", explica o técnico madrileño, que agora terá dúas semanas para preparar o seguinte compromiso, fronte ao Ribeira Navarra, tras haberse adiantado o partido do Levante á semana pasada por un compromiso europeo do equipo de Diego Ríos. "A Ribeira Navarra é un rival directo, pero en todos os partidos pódense sacar puntos", di, e engade. "Agora, con estas dúas semanas, podemos recuperar aos lesionados e traballar outras cousas", apunta.

Respecto dos lesionados, Riquer asegura que "Pitero ten un golpe do que esperemos que se recupere e Álex Diz arrastra unha lesión nun pé do ano pasado e veremos se pode chegar ou non".

Para rematar, lanza unha mensaxe de optimismo. "A nivel de sensacións estou contento. é verdade que o partido do sábado faltounos frescura por xogar tres partidos en tan poucos días coas viaxes, pero contra o Levante fomos superiores e hai que dar o 110% en cada partido para sacar algo positivo", conclúe.

Comentarios