Máis de 16.000 mariñáns vacináronse fronte á gripe na última campaña

Esta cifra supón un incremento de preto de 1.000 persoas con respecto a 2018
aaaa
photo_camera Administración dunha vacina. JOSÉ Mª ÁLVEZ

A última campaña de vacinación fronte á gripe pechouse nos centros de saúde da comarca con 16.493 persoas vacinadas, segundo os datos achegados polo Sergas. Esta cifra supón un incremento de 940 persoas con respecto á anterior campaña, de 2018.

O número de persoas vacinadas incrementouse na maior parte dos centros de saúde, fóra dos de Lourenzá e Barreiros, onde houbo pequenos descensos. Así, en Lourenzá vacináronse en 2018, 618 persoas e na última campaña, 604. En Barreiros foron 673 fronte a 693.

Os centros de saúde que rexistraron máis vacúas foron os de Viveiro, Foz, Ribadeo, Burela e Mondoñedo. Estes datos reflicten unha mellora dos resultados no quese refire á cobertura da poboación.

A vacina antigripal non só evita casos se non que tamén diminúe a frecuencia das complicacións derivadas da enfermidade, así como o risco de hospitalización e a morte relacionada con ela. Por iso, desde o Sergas inciden na necesidade de vacinarse á poboación que se inclúe nos grupos de risco.

Nesta campaña de 2019 empregáronse tres tipos de vacina: a tetravalente de cultivo en ovo, que podía ser utilizada na poboación infantil, con patoloxía de base, de seis meses ata os 14 anos; a tetravalente de cultivo celular, que se empregou por primeira vez para as persoas con factores de risco de 15 a 64 anos e tamén indicada para embarazadas; e a trivalente adxuvada, para todas as persoas de 65 anos ou máis ingresados en residencias ou non e que se corresponden co grupo con maior risco de ter complicacións.

Vacinados na campaña 2019
Ribadeo, 2.098
Lourenzá, 604
Barreiros, 673
Foz, 2.295
Burela, 1.625
Cervo, 399
San Cibrao, 645
Xove, 702
Viveiro, 2.971
O Vicedo, 548
Alfoz, 411
O Valadouro, 578
Mondoñedo, 1.105
Ourol, 369
Trabada, 418
A Pontenova, 632
Riotorto, 420
Total, 16.493

Comentarios