Gravan a un taxista na Gañidoira conducindo de forma temeraria

O condutor adianta a dous vehículos en dobre liña continua e nunha zona de curvas
O subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo investiga as infraccións cometidas ao volante supostamente por un taxista cando circulaba pola zona da Gañidoira, en dirección a Viveiro

Os investigadores iniciaron as pescudas tras recibir un vídeo dun particular no que se pode ver como o condutor dun taxi adianta a dous vehículos en dobre liña continua e nunha zona de curvas.

Desde o subsector de Tráfico consideran “perigosas e intolerables” este tipo de condutas, e aínda máis cando son cometidas por condutores con licenza para transporte colectivo de persoas. Os axentes denunciarán ao condutor por condución temeraria e analizarán detalladamente o vídeo para precisar todos os delitos que poida cometer.

Máis en A Mariña
Comentarios