lunes. 18.11.2019 |
El tiempo
lunes. 18.11.2019
El tiempo

Gonzo presume de raíces lucenses en 'La Resistencia'

Gonzo, en 'A Resistencia'.YOUTUBE
Gonzo, en 'A Resistencia'.YOUTUBE
Explicou que os seus pais son de Riotorto, onde, "cando herde", terá terras

O xornalista Fernando González 'Gonzo' recordou as súas orixes chairegas no seu paso polo programa de David Broncano, La Resistencia, nunha entrevista con motivo da súa chegada ao espazo de laSexta, Salvados, en substitución de Jordi Évole.

Durante un momento da entrevista, Broncano rescatou unhas declaracións de Gonzo nas que aseguraba que, ao ser de Galicia, polo menos sempre tería terra para plantar un horto. 

Gonzo asentiu que se mantén firme nesta a convicción, ao que Broncano preguntoulle se tiña "horto ou habilidades hortelanas", que o xornalista contestou que os seus pais "son de aldea". "Son dun concello pequeniño de Lugo que se chama Riotorto", declarou.

"A miña nai é dunha aldea que se chama Espasante de Abaixo, e o meu pai é de Soutelo", explicou Gonzo. Logo engadiu que "o problema é que agora hai árbores e non hai quen plante patacas" especificou nun comentario sobre o patrimonio familiar.

Broncano seguiu indagando sobre as súas "habilidades para plantar algún tubérculo" e o vigués recoñeceu que ten "algún recordo", aínda que isto non lle preocupaba, xa que "malo será que con internet" non poida porse ao día.

"O importante é que teño as terras", asegurou. "Só teño que esperar a que morra a miña avoa, morran os meus pais e esperar a que herde, pero o importante é que teño as terras", chanceou.

"A miña avoa ten 96 anos, polo tanto, non creo que chegue a ver as terras baixo a miña propiedade", comentando entre a lonxevidade da muller, que se agarra á vida", dixo entre risas.
 

Gonzo presume de raíces lucenses en 'La Resistencia'
Comentarios