Golpear á parella da súa ex pode custarlle ano e medio e 1.500 euros

A vítima sufriu unha ferida de 2,5 centímetros na cabeza e unha contusión no beizo
Edificio de los juzgados de Lugo, en la Praza de Avilés. SEBAS SENANDE
photo_camera Edificio de los juzgados de Lugo, en la Praza de Avilés. SEBAS SENANDE

O xulgado número 2 de Mondoñedo remitiu ao Penal de Lugo o caso dun home para o que o Ministerio Fiscal pide un ano e medio de cárcere e unha indemnización de 1.500 euros á persoa que é actualmente a parella da súa ex e á que presuntamente golpeou en agosto de 2018.

Os feitos sucederon cando a muller se atopaba paseando coa súa parella cando se cruzaron co seu antigo compañeiro. Nese momento, segundo o relato da Fiscalía que consta no expediente do xulgado, o acusado "obrando con ánimo de menoscabar a integridade física" do home que estaba agora co seu ex propinoulle un forte empuxón arroxándolle contra unha parede. Como consecuencia destes feitos, sufriu unha ferida na cabeza de 2,5 centímetros e unha contusión no beizo inferior.

Ademais das peticións da Fiscalía, o agredido presentouse como parte no proceso xudicial e reclama tamén as indemnizacións que puidesen corresponderlle. O Sergas reclama os custos da atención médica.

Comentarios