O goberno de Viveiro leva os orzamentos de urxencia ao pleno o 2 de xuño

Avanza que xa ten as listas as bases do plan de reactivación económica dotado con 500.000 euros
Ayuntamiento de Viveiro. AMA
photo_camera Concello de Viveiro. AMA

O goberno local de Viveiro retomará os plenos ordinarios o 2 de xuño, día en que levará a aprobación os orzamentos municipais de 2020, que inclúen un plan de urxencia dotado con 500.000 euros para axudar a paliar os efectos da crise, cuxas basees xa ten redactadas.

Desde o equipo de goberno indican que tiña listos tanto os orzamentos como as bases do plan de reactivación económica para aprobalos a finais de maio, pero ao tocar o pleno ordinario o 2 de xuño consideraron levar os trámites a esta sesión, na que a corporación tamén debaterá a suspensión das taxas das terrazas.

Será o primeiro pleno que o  Concello celebre tras a declaración do estado de alarma e aínda está por decidir se será presencial ou por videoconferencia.

Comentarios