O Goberno destina a paliar os danos do lobo en 2022 un total de vinte millóns

O senador do PSOE César Mogo pide á Xunta que actúe â?? Sostén que Feijóo só está a intentar "desviar a atención"
El senador del PSOE César Mogo. AEP
photo_camera El senador del PSOE César Mogo. AEP

O Goberno central destinará 20 millóns de euros para paliar os danos producidos polos ataques de lobo no ano 2022. Así o anunciou o senador do PSOE César Mogo, quen indicou que ese diñeiro é "dez veces máis do que hoxe paga o conxunto de comunidades en toda España".

Mogo recoñece que agora hai superpoblación de lobo pero di que pode ser controlada, pero tamén engade que para iso se faga, e que o Goberno da comunidade autónoma "tamén ten que facer o seu traballo". Con todo acusa Xunta de non realizar ningún tipo de movemento nas súas competencias para atallar os problemas que están a xerar os ataques que se están cebando especialmente con gandeiros da Mariña.

Segundo explica Mogo, o Executivo autonómico "abandonou por completo as súas responsabilidades de xestión do Plan do Lobo: sen revisar en máis de 13 anos, sen censo de animais desde 2014, sen protocolos de actuación e pagando tarde, mal e arrastras. é aí onde se deberían tomar medidas e non se fixo".

Considera o responsable socialista que "é máis fácil, claro, intentar desviar a atención con afirmacións que nada teñen que ver cos intereses dos gandeiros, que arrimar o ombreiro".

Alternativas: "Aos gandeiros apóiaselles contando a verdade"
O senador socialista mostrouse moi molesto coa actitude da Xunta nesta problemática e di que aos gandeiros non se lles protexe con polémicas "de despacho nin con declaracións pouco serias que non serven de nada para resolver os problemas" e di que hai que apoiarlles "contándolles a verdade".

Estratexia

Tamén di que hai que pór en marcha unha estratexia sobre o lobo "como está a elaborar o Goberno, que protexerá a agricultores e gandeiros".

Comentarios