O Goberno non se desentende de Alcoa, senón que negocia coa compañía

Pedro Sánchez instou ao Goberno galego a remar "todos xuntos" para protexer o complexo industrial de San Cibrao

 

 

 

El presidente del Gobierno, Pedro Sánchez. EFE/ Emilio Naranjo
photo_camera O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, durante a súa intervención no pleno do Congreso deste mércores. EFE/ Emilio Naranjo

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, dixo este mércores que o Executivo "en absoluto" se desentende da planta de Alcoa en San Cibrao, senón que está a negociar coa compañía, e pediu a colaboración da Xunta de Galicia. 

Sánchez, durante a súa comparecencia no Congreso para explicar os últimos consellos europeos, pronunciábase así en resposta á intervención do deputado do BNG, Néstor Rego. Pedro Sánchez apelou ao Goberno galego para "remar todos xuntos e defender esta empresa e esta industria".

Alcoa ampliou, ata o próximo 4 de agosto, o período de consultas do ERE de despedimento colectivo contemplado para a única fábrica de aluminio primario que queda en España.

O complexo industrial de San Cibrao, asentado entre os municipios de Xove e Cervo, na Mariña lucense, está composto por unha fábrica de aluminio e unha planta de alúmina, que empregan a 633 e 510 persoas, respectivamente, e representa un terzo do produto interior bruto (PIB) da provincia de Lugo

Comentarios